O alumnado de 5°EI investigou o Universo da man das súas titoras. Os alumnos/-as de 4 anos A e B realizaron unha viaxe polo coñecemento espacial dentro do proxecto documental integrado "Da Terra ao Universo".
Para coñecer máis sobre: as galaxias, o Sistema Solar, os planetas, a Terra, os satélites naturais, as fases da Lúa, as estrelas e as constelacións, os astronautas e os astrónomos...o alumnado de infantil consultou varios fondos da biblioteca escolar e outros achegados por eles mesmos, contando mesmo cun libro convertible en foguete.
Levaron a cabo varios traballos: debuxos, composicións de foguetes con formas xeométricas, murais e maquetas.
Deixámosvos unha mostra en pdf do magnífico traballo conxunto de alumnado, profesorado e familias.