domingo, 8 de febrero de 2026

O UNIVERSO DE 5 ANOS B

 O UNIVERSO


Nesta entrada presentámosvos os magníficos traballos do alumnado  de cinco anos B, relacionados co Proxecto Documental Integrado (PDI) "Da Terra ao Universo".

 

Durante o primeiro trimestre, o alumnado de Educación Infantil achegouse ao coñecemento do Universo da man das súas titoras, a través da consulta e visionado de libros informativos e recursos dixitais.

 

O punto de partida do grupo de cinco anos B foi a figura da astronauta Valentina Tereshkova, primeira muller en viaxar ao espazo. A partir deste referente, enlazáronse outros contidos: o Sistema Solar, as constelacións, as viaxes espaciais, a investigación científica...

 

Este proxecto permitiulles compartir aprendizaxes e traballar de forma globalizada aspectos como:  a comunicación, a creatividade, a autonomía persoal, o traballo cooperativo ou a curiosidade polo mundo que nos rodea.

 

Agradecer a todas as familias a colaboración prestada e a implicación ao longo do proxecto.

 

                                                             PDF O Universo de 5 anos B



OS CONTADORES DE HISTORIAS - 2º Ciclo

Esta última quincena do mes de abril, o alumnado de segundo ciclo animouse a contar  historias na biblioteca a outros grupos de nenos e nena...