Con motivo da celebración do Día Internacional do Libro (23 de abril), levamos a cabo no centro a Semana do Libro, que converteremos en quincena levando a cabo tamén actividades de lectura a última semana do mes do abril.
Para a celebración desta semana ao redor do libro organizamos unha serie de lecturas noutras aulas, dramatizacións e narracións orais ou contacontos.
Por outra banda, pensamos nunha actividade para facer partícipes ás familias, a través dun menú de libro ou literario, no que cada membro da familia debe facer constar aquel libro que marcou a súa infancia ou sobre o que albergan máis anécdotas.