jueves, 12 de febrero de 2026

O UNIVERSO DE 5 ANOS A

O alumnado de 5 anos A investigou o Universo ao longo do primeiro trimestre. Tema enmarcado dentro do noso Proxecto Documental Integrado (PDI) "Da Terra ao Universo" e proposto pola Biblioteca Escolar. Xunto á súa titora, os alumnos e alumnas de 5 anos A levaron a cabo unha investigación compartida,  consultando libros informativos e recursos dixitais. 

 

Do mesmo xeito que o alumnado de 5 anos B, os nenos e nenas de 5 anos A, iniciaron o seu PDI partindo da figura de Valentina Tereshkova, primeira muller en viaxar ao espazo. A presentación de Valentina Tereshkova serviu de elemento motivador para comezar a súa propia exploración espacial. 

 

Todo o aprendido plasmárono nos seus preciosos traballos: a composición da Vía Láctea, o Sol e a vida na Terra, as características dos planetas do Sistema Solar, as fases da Lúa, os meteoritos e outros corpos celestes... 

 

Queremos agradecer a todas as familias a súa implicación na aprendizaxe dos seus fillos e fillas.


 

OS CONTADORES DE HISTORIAS - 2º Ciclo

Esta última quincena do mes de abril, o alumnado de segundo ciclo animouse a contar  historias na biblioteca a outros grupos de nenos e nena...