Con motivo da celebración do Día de Rosalía de Castro (1837-1885), cada 23 de febreiro as bibliotecas e a nosa comunidade énchense de actividades na súa honra.
Este curso celebramos o 23 de febreiro cunha actividade de caligramas rosalíanos. A composición de cada caligrama nace dun poema de Rosalía ou dun par de estrofas, que crean unha imaxe visual relacionada co tema, fusionando literatura e artes plásticas. Nos caligramas rompemos coa estrutura lineal e practicamos escritura creativa xogando coa tipografía.
Deixámosvos unha pequena mostra do traballo realizado co poema "Has de cantar".
Tamén acompañamos esta entrada co podcast informativo da celebración do 23F - Día de Rosalía de Castro.
