Con motivo da celebración do Día Escolar da Non Violencia e a Paz , data parella ao Día da Ilustración (impulsado en Galicia para homenaxear a profesionais do debuxo coincidindo co nacemento de Castelao). No centro educativo expuxéronse varias actividades para fomentar a solidariedade e o respecto aos dereitos humanos, promovendo a resolución pacífica de conflitos e a convivencia.
A continuación deixámosvos unha mostra da actividade realizada polo alumnado de segundo ciclo. Traballo consistente nun dicionario visual, presentado de maneira orixinal, en forma de vagóns que discorren por vías imaxinarias. Unhas vías que son o camiño cara á paz, da man dunha locomotora que todo o impulsa. Esa locomotora leva consigo vagóns cargados de palabras e significados moi relevantes na resolución pacífica dos conflitos, así como nas relacións humanas e de convivencia.