miércoles, 17 de diciembre de 2025

LECTURAS COMPARTIDAS

Ler noutras aulas ofrece múltiples beneficios: aumenta a motivación,  favorece o desenvolvemento de habilidades socioemocionais, incrementa o interese e a disposición dos estudantes cara á lectura.

A lectura compartida e a interacción con compañeiros/-as doutras aulas ou niveis fomenta a empatía e a comprensión das emocións propias e alleas. Tamén mellora as habilidades cognitivas e lingüísticas: A lectura, especialmente a compartida, fortalece o vocabulario, a fluidez lectora, a comprensión e o desenvolvemento da linguaxe oral.

Aquí deixámosvos unha mostra de lecturas compartidas, nas que o alumnado de terceiro le ao alumnado de educación infantil e primeiro ciclo de primaria.




A SUSTENTABILIDADE

Nesta entrada compartimos o traballo do alumnado de 6ºA, enmarcado dentro do Proxecto Documental Integrado (PDI) "Da Terra ao Universo...