Desde a Consellería de Cultura, Lingua e Mocidade promóvese a celebración de novembro como o Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas. Con esta celebración trátase de fomentar en todas as persoas, especialmente nos nenos e nenas, a curiosidade científica e o interese por aprender, así como demostrar que a ciencia non é só unha materia académica, senón que forma parte da nosa vida cotiá, desde a medicina ata a tecnoloxía que nos conecta.
Aquí deixámosvos unha pequena mostra de actividades científicas interesantes.
Experimentos en familia:
Os experimentos en familia transforman os fogares en laboratorios de aprendizaxe divertidos e emocionalmente positivos, estimulan a curiosidade e contribúen a habilidades vitais como a observación, a lóxica e a creatividade.
Experiencias científicas nas aulas
Enxertos de terceiro
O alumnado de terceiro observou como se realizan enxertos nas plantas. Descubrindo a súa importancia para lograr cultivos máis fortes, produtivos e adaptables.
Maquetas de cuarto "Zonas climáticas e paisaxes terrestres"
O alumnado de cuarto elaborou unha serie de maquetas, que reflicten as paisaxes terrestres características de cada zona climática, creando ecosistemas como selvas exuberantes, sabanas con grandes herbívoros, bosques e praderías nas áreas tépedas ou paisaxes onde o frío é o protagonista como a taiga ou a tundra xeada, onde as temperaturas e as precipitacións moldean a vexetación, fauna e relevo.
Presentacións de traballos dos ecosistemas en PDF, visibles e descargables en cada enlace.
- Os polos
- A sabana
- A selva
Mostra de células de quinto:
A creación de modelos celulares axuda a introducir conceptos biolóxicos complexos de maneira concreta, a fomentar o pensamento científico e a valorar a vida a nivel microscópico.

