Con motivo da celebración do Día de Rosalía de Castro (1837-1885), cada 23 de febreiro as bibliotecas e a nosa comunidade énchense de actividades na súa honra.
jueves, 19 de febrero de 2026
23F - Xogando cos versos de Rosalía de Castro
jueves, 12 de febrero de 2026
miércoles, 11 de febrero de 2026
O ESPAZO (Aula mixta)
Nesta entrada mostrámosvos o traballo realizado polo alumnado da aula mixta de Educación Infantil, centrada no estudo do Espazo e relacionado co Proxecto Documental Integrado (PDI) da Biblioteca Escolar (BE) "Da Terra ao Universo".
Durante o primeiro trimestre, o alumnado da aula mixta ampliou os seus coñecementos sobre o Sistema Solar, os planetas que o integran, a Terra e os seus movementos, a lúa e as súas fases, as viaxes espaciais e os satélites artificiais.
Coa axuda das familias, o alumnado presentou as súas maquetas e traballos, os cales ocuparon un lugar especial na aula.
Ao longo deste proceso, o alumnado puido reforzar todo o aprendido a través do xogo, dunha forma lúdica e motivadora.
martes, 10 de febrero de 2026
Súbete ao Tren da Paz
Con motivo da celebración do Día Escolar da Non Violencia e a Paz , data parella ao Día da Ilustración (impulsado en Galicia para homenaxear a profesionais do debuxo coincidindo co nacemento de Castelao). No centro educativo expuxéronse varias actividades para fomentar a solidariedade e o respecto aos dereitos humanos, promovendo a resolución pacífica de conflitos e a convivencia.
A continuación deixámosvos unha mostra da actividade realizada polo alumnado de segundo ciclo. Traballo consistente nun dicionario visual, presentado de maneira orixinal, en forma de vagóns que discorren por vías imaxinarias. Unhas vías que son o camiño cara á paz, da man dunha locomotora que todo o impulsa. Esa locomotora leva consigo vagóns cargados de palabras e significados moi relevantes na resolución pacífica dos conflitos, así como nas relacións humanas e de convivencia.
domingo, 8 de febrero de 2026
O UNIVERSO DE 5 ANOS B
O UNIVERSO
Nesta entrada presentámosvos os magníficos traballos do alumnado de cinco anos B, relacionados co Proxecto Documental Integrado (PDI) "Da Terra ao Universo".
Durante o primeiro trimestre, o alumnado de Educación Infantil achegouse ao coñecemento do Universo da man das súas titoras, a través da consulta e visionado de libros informativos e recursos dixitais.
O punto de partida do grupo de cinco anos B foi a figura da astronauta Valentina Tereshkova, primeira muller en viaxar ao espazo. A partir deste referente, enlazáronse outros contidos: o Sistema Solar, as constelacións, as viaxes espaciais, a investigación científica...
Este proxecto permitiulles compartir aprendizaxes e traballar de forma globalizada aspectos como: a comunicación, a creatividade, a autonomía persoal, o traballo cooperativo ou a curiosidade polo mundo que nos rodea.
Agradecer a todas as familias a colaboración prestada e a implicación ao longo do proxecto.
23F - Xogando cos versos de Rosalía de Castro
Con motivo da celebración do Día de Rosalía de Castro (1837-1885), cada 23 de febreiro as bibliotecas e a nosa comunidade énchense de acti...
-
O UNIVERSO Nesta entrada presentámosvos os magníficos traballos do alumnado de cinco anos B , relacionados co Proxecto Documental Integrad...
-
Nesta guía "Un bo Nadal cun libro na man" recóllese unha serie de recomendacións lectoras que inclúen: álbum ilustrado, banda de...