Presentámosvos o traballo realizado polo alumnado de primeiro ciclo, enmarcado dentro do Proxecto Documental Integrado (PDI) "Da Terra ao Universo", proxecto que lles permitiu profundar no coñecemento do Sistema Solar.
O alumnado, guiado polas súas titoras, aprenderon: que é o Sistema Solar, a súa composición, os planetas que o integran e a súa distancia respecto ao Sol, as características de cada planeta, as particularidades da Terra, que son os satélites naturais e como se chama o satélite da Terra, en que consiste unha viaxe espacial, a formación dos astronautas e o seu traballo na Estación Espacial Internacional.Agradecemos que compartan e difundan os seus coñecementos, a través deste pequeno resumo en formato PDF e a modo de libro dixital.