O venres 10 de abril, contamos coa visita da escritora Sabela Fernández Trelles, coa que conversamos sobre o libro "A miña avoa, a miña heroína".
Previamente limos a obra e preparamos varias preguntas, deixando aquí algúns exemplos.
- Este libro está baseado nun feito real?
- Quen ou que che inspirou esta historia?
- Veste reflectida na protagonista?
- Se tiveses que cambiar o título do libro, cal sería e por que?
- Para ti a túa avoa foi unha heroína?
- Gustábache ler e escribir cando eras pequena? Que escribías?
- Cal foi o teu libro favorito na túa infancia e cal é hoxe por hoxe?
- A cantiga que inclúes na páxina 50 é túa ou é de tradición oral e propia de pobos mariñeiros?
- Dous libros que escribiches cal é o libro que máis che gusta e por que?
- Tendo en conta o penúltimo capítulo do libro, no que a avoa dá unha serie de consellos a Laura, que consellos darías á mocidade?
Dá súa vida e obra destacamos os seguintes feitos:
A continuación, compartimos convosco un PDF fotográfico, que integra as instantáneas da actividade.

