Nesta entrada compartimos o traballo do alumnado de 6ºA, enmarcado dentro do Proxecto Documental Integrado (PDI) "Da Terra ao Universo", centrado no coidado do planeta Terra.
Cada alumno/-a elaborou unha maqueta dunha cidade sostible como produto final. Ao longo do proceso de elaboración, o alumnado aprendeu hábitos que protexen o medio ambiente, aseguran recursos para o futuro e mitigan o cambio climático.
